Aviso legal
Datos identificativos
O titular deste sitio web é SAMU SA, con enderezo na Av. Américo Vespucio, s/n Ed. Cartuja, Bloque E Locales 7,8, 9 41092 Sevilla, e CIF A-41461781. Para máis información podes contactarnos mediante o número de teléfono 954 46 10 10.
Condicións de uso
O USUARIO comprométese a realizar un bo uso dos contidos e servizos de www.samu.es, que nunca poderán ser utilizados para actividades ilícitas ou que poidan ser contrarias á orde pública, a defensa nacional ou a saúde pública.
Calquera utilización por parte do USUARIO dos contidos e servizos será respectuosa cos principios indicados no parágrafo anterior.
O USUARIO está expresamente autorizado para visualizar toda a información contida no sitio web, así coma para efectuar reproducións privadas dela no seus sistemas informáticos, sempre que estes contidos sexan para o seu uso exclusivo e non sexan posteriormente cedidos a terceiros.
Propiedade intelectual e industrial
Os dereitos de propiedade intelectual e industrial contidos nas páxinas web de www.samu.es, o seu deseño gráfico e códigos informáticos, así coma os nomes comerciais, marcas e signos distintivos son titularidade de SAMU, agás que neles se indique que pertencen a outro titular. Calquera reprodución, distribución, comercialización ou transformación dos contidos que non for expresamente autorizada polos titulares, constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual e industrial protexidos pola lei.
SAMU poderá exercer todas as accións administrativas, civís ou penais que lle correspondan no caso de infracción destes dereitos por parte do USUARIO.
Exclusión de garantías e responsabilidades
O acceso e mais a utilización das páxinas de www.samu.es realizanse baixo a única e exclusiva responsabilidade do USUARIO.
SAMU SA non se responsabiliza da exactitude, veracidade e vixencia das informacións que non sexan de elaboración propia e os contidos das cales pertenzan a fontes de información de terceiros alleos a ela. Ao respecto, SAMU só responderá dos servizos propios e contidos directamente orixinados por ela e identificados co seu Copyright coma unha firma ou propiedade intelectual ou industrial de SAMU.
Tradución ao inglés
Toda a información e documentación dispoñíbel na versión en inglés desta páxina web proporcionarase unicamente a efectos informativos. No caso de discrepancia entre o contido da versión en inglés e o da versión orixinal en español prevalecerá o desta última.
Protección de datos personais
En SAMU SA coidamos de ti. Por iso, SAMU garante a seguranza e confidencialidade dos datos de carácter persoal que nos facilitas como USUARIO de www.samu.es, cumprindo co disposto no Regulamento Xeral de Protección de Datos (Regulamento UE 2016/679) e mais a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Personais e garantía dos dereitos dixitais. A recollida e tratamento dos datos personais ten como única finalidade, agás que se indique outra cousa nos formularios do sitio web nos cales se recaden os datos do USUARIO, a xestión da información subministrada nas consultas, contratacións de produtos ou servizos, solicitudes de emprego que o USUARIO realice a SAMU mediante o sitio web, controlar o cumprimento das condicións de uso do sitio web e cumprir coas nosas obrigas legais.
Os datos que se soliciten ao USUARIO nos formularios do sitio web terán carácter obrigatorio, agás que se indique o contrario no formulario correspondente. No caso que o USUARIO non facilite os datos solicitados con carácter obrigatorio, SAMU non poderá tramitar o formulario.
Os datos obtidos están suxeitos ás medidas de seguranza e política de privacidade aprobadas por SAMU consonte á normativa vixente en cada momento.
No caso que na solicitude deban incluírse datos de carácter persoal referentes a persoas físicas distintas da que a efectúa, o usuario deberá, con carácter previo á súa inclusión, informalas do contido desta cláusula, consoante co establecido no artigo 13 do Regulamento Xeral de Protección de Datos (Regulamento UE 2016/679).
Segundo o disposto neste Regulamento Xeral de Protección de Datos, poderás exercer arreo os dereitos de acceso, emenda, supresión, oposición e portabilidade dos teus datos personais, dirixindo unha escrita ao enderezo enriba indicado de SAMU SA, achegando unha copia do teu DNI ou pasaporte, polos medios previstos no Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo cal se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.