Agrupación interinstitucional de xestión de crises

O concepto de «Crisis Task Force» é unha grande novidade internacional na doutrina de xestión de grandes continxencias. Trátase do establecemento dunha agrupación operativa de acción inmediata formada por diferentes axencias ou servizos que unen os seus recursos para aumentaren a capacidade de resposta.

Este concepto empregáno dende as Nacións Unidas cando xorde un problema de fame en África, ata axencias de conservación da natureza diante desastres ecolóxicos. Tamén o comezan a usar os servizos de urxencias de todo o mundo. Para pór a proba este concepto en España, en abril de 2009 tivo lugar en Sevilla o primeiro exercicio conxunto de cooperación de interservizos: o «Crisis Task Force».

Se es un interveniente de urxencias e desexas participar no módulo internacional do exercicio Crisis Task Force, rogámosche que contactes coa nosa oficina internacional en internacional@samu.es. O módulo internacional dura dous días máis (seis en total) e os intervenientes gozarán dun instructor dedicado.