Residencia San Sebastián
Inaugurada no ano 2010, San Sebastián tornouse un dos centros residenciais de referencia na atención ás persoas con discapacidade intelectual e trastornos condutuais da provincia de Sevilla, e configurouse como un dos recursos de atención psicosocial que compoñen o mapa de concertación da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia de España, concertada coa Consellería de Igualdade e Políticas Sociais da Junta de Andalucía.
A Residencia San Sebastián ofrece unha atención integral e profesionalizada; pretende diminuír ata eliminar os trastornos condutuais dos seus residentes, para despois derivalos a outros recursos de atención, todo iso mediante un tratamento especializado e personalizado cunha abordaxe bio-psico-social que persegue:
- A mellora na calidade de vida dos residentes e mais os seus principais coidadores.
- Aumentar e mellorar as habilidades de autonomía persoal e social.
- Favorecer a satisfacción persoal.
- Fomentar relacións sociais axeitadas nun contorno normalizado.
O centro, amais de ofrecer un espazo físico que garanta a seguranza dos residentes, ten programas de actividades socio-educativas e de lecer que cobren a globalidade dos intereses e necesidades das persoas assistidas.
Av. de la Mujer Mantonera, núm. 2
41320 Cantillana (Sevilla)
955 73 28 98
goo.gl/maps/Pqb4H1pr4J52
Residencia Santa Teresa
Santa Teresa é un centro residencial concedido pola Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade e Maiores da Junta de Comunidades de Castela A Mancha dende o ano 2015, que ofrece un servizo integral ás persoas con discapacidade intelectual de liviá a moderada. Por estar situado nunha localidade pequena, as relacións coa comunidade son máis próximas e doadas, e a posibilidade de manter interaccións significativas é meirande ca noutros contornos máis complexos.
O principal obxectivo da Residencia Santa Teresa é mellorar a calidade de vida de xeito significativo de todas as persoas que residen no centro. Para iso, inclúe un equipo humano imprescindíbel para asegurar o apoio en todas as áreas da vida: benestar emocional, relacións interpersonais, benestar material, desenvolvemento persoal, benestar físico, autodeterminación, inclusión social e dereitos. Amais, Santa Teresa dispón dunhas instalacións e mais do equipamento técnico axeitado para atender as necesidades requiridas polas persoas que residen, onde se garante o seu desprazamento de xeito autónomo.
Especificamente Santa Teresa persegue:
- Aumentar as oportunidades para o seu crecemento persoal e satisfacción con ela mesma e mais o seu contorno.
- Promover a autonomía persoal en todos os eidos da vida cotiá, mellorar a súa autoestima e o seu autoconcepto, dotalos de ferramentas eficaces para a interacción social e mais a comunicación.
- Adaptar as intervencións ás necesidades de apoio dos residentes.
- Promover, motivar e facilitar as interaccións sociais das persoas que residen no centro, aumentando a súa participación e inclusión na comunidade.
- Motivar e facilitar a participación das familias na toma de decisións relevantes na vida dos seus achegados.
- Sensibilizar, transformar e ser impulsores do cambio de paradigma no noso contorno, desenvolvendo programas destinados á comunidade.
C/ Constitución, núm. 1
45730 Villafranca de los Caballeros (Toledo)
926 57 80 03 – 609 67 57 79
goo.gl/maps/gyYUMvaEipM2