Unidades de estancia diurna
UED San Lucas
Dende o ano 2008, SAMU contribúe na atención das persoas con discapacidade intelectual coa abertura do seu primeiro centro, a Unidade de Estancia Diúrna San Lucas, situada na Comunidade Autónoma Andaluza, convertida nun dos recursos de atención psicosocial que forman parte do mapa de concertación da Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia de España, concertada coa Consellería de Igualdade e Políticas Sociais da Junta de Andalucía.
A Unidade San Lucas pretende, en primeiro lugar, a diminución ata a eliminación dos trastornos condutuais dos seus usuarios mediante un tratamento especializado, personalizado e integral, tanto para os usuarios coma familiares. Para iso inclúe un equipo interdisciplinar para a abordaxe bio-psicosocial que persegue:
- A mellora da calidade de vida dos usuarios e mais as súas familias.
- Aumentar e mellorar as habilidades de autonomía persoal e social dos usuarios.
- Favorecer unha satisfacción persoal meirande dos usuarios e os seus familiares.
- Fomentar as relacións sociais entre os usuarios, entre os usuarios e as súas familias e mais entre os usuarios e a comunidade.
O centro ten unhas instalacións que proporcionan un espazo físico que garante a protección e seguranza dos usuarios, cubrindo as necesidades básicas de aloxamento, manutención e asistencia nas actividades básicas e instrumentais da vida cotiá, amais do desenvolvemento dunha grande variedade de actividades organizadas en obradoiros específicos, atendendo os gustos dos usuarios. Estes obradoiros e actividades vense complementados con multitude de saídas guiadas de interese artístico-monumental, saídas a acontecementos e xuntanzas con outras organizacións de carácter análogo, sen esquecer as incontábeis saídas lúdicas e de lecer para diferentes lugares.
Urb. Jardines de Hércules C/ Zeus, nº 1 M-4
41014 Bellavista, Sevilla (España)
+34 954 69 39 25
goo.gl/maps/QhgUZ4hVp1m