Fundación SAMU
A Fundación SAMU é unha entidade sen ánimo de lucro que comeza a súa andaina no ano 2005 coa abertura de centros de acción socio-sanitarios que ofrecen unha asistencia integral e de calidade ás persoas de vulnerabilidade especial.
Dende a súa creación, a Fundación SAMU ten profesionais cualificados e unha metodoloxía integral innovadora, cunha ampla experiencia sanitaria e formativa coma base, e ofrece un carácter holístico na atención das problemáticas sociais, metodoloxía que a caracteriza e a distingue dentro do sector.
Na actualidade, a fundación atendeu máis de 8.000 usuarios nos seus centros e servizos, e configúrase amais como a primeira entidade do país na asistencia e acollida de menores estranxeiros non acompañados.