Menores

Os centros de protección de menores constitúen espazos de atención integral, garantindo recursos profesionais, materiais axeitados e relacións afectivas inspiradas nas propias dunha familia normalizada.

A acollida constitúe unha alternativa válida para aqueles menores aos cales lles resulte máis beneficioso polas súas condicións persoais e en relación coas súas circunstancias sociais. O obxectivo principal destes recursos é garantir aos menores unha vida de seguranza, integración socio-laboral e aprendizaxe nun contexto normalizado e estábel.

Dende o ano 2007 SAMU está a asistir menores en protección, ofrecendo diferentes centros de atención específica.