Responsabilidade social
SAMU recoñécese como unha organización cuns principios e valores que alicerzan o seu compromiso social, garante de accións transparentes, éticas e responsábeis.
Dende o ano 1999 SAMU implantou un sistema de xestión de calidade nas diferentes áreas de intervención nas que actúa, dispondo actualmente da Certificación do Sistema de Xestión de Calidade consonte ás normas ISO 9001 e ISO 14001.
Así mesmo, a entidade implantou áreas de xestión corporativas específicas que responden ás necesidades relativas aos ámbitos social, laboral, medio ambiente, sanitario e de dereitos humanos, dentro dun sistema sustentábel.