SAMU Idilio
SAMU Idilio é unha iniciativa que xera propostas e compromisos, enriquecendo a área socio- asistencial da Fundación SAMU mediante a organización de actividades e proxectos atractivos e dinámicos, acadando unha trascendencia dende o eido local ao provincial, autonómico e mesmo nacional.
Abórdanse diversas áreas sociais, tales coma a cultura, o deporte, a cooperación, o lecer, etc., baixo os principios de igualdade, solidariedade e inclusión dos colectivos máis vulnerábeis.
As actuacións de SAMU Idilio introdúcense de xeito transversal en toda a Fundación SAMU, creando alianzas con recursos externos e consolidando os vencellos xa existentes con outras institucións e actores sociais.
As actividades principais de SAMU Idilio son:
- Carreira popular inclusiva “ALJARAFE INTEGRA”.
- Xornadas científicas, congresos sobre discapacidade e deporte.
- Programa DISFRUTAMAR. Actividades náuticas inclusivas.
- Compañía de Teatro “IDILIO ESCÉNICO”.
- Proxecto “4 ESTACIÓNS pola integración”.
- “SAMU Idilio, o boneco mensaxeiro, 3.0”.
- Xornadas deportivas inclusivas.