Urxencias

Dende que o Dr. Álvarez Leiva fundara a empresa, SAMU foise consolidando como unha organización líder en servizos médicos de urxencia; amais ofrece recoñecementos médicos, vixilancia da saúde, e establece convenios e mais diversas colaboracións para ofertar servizos sanitarios:

  • Actuamos en centros médicos de Sevilla dedicados a urxencias, recoñecementos médicos e vixilancia da saúde.
  • Participamos en convenios con mutuas e servizos de prevención que reflicten a nosa referencia de calidade no noso eido de actuación.
  • Temos unha ampla experiencia en cobertura médica de actos e grandes acontecementos: concertos, congresos, encontros deportivos, congregacións, feiras, romarías…
  • Xestionamos servizos de transporte aéreo medicalizado en avión privado ou avión comercial, en coordinación coa súa compañía de seguros ou de xeito privado.
Ambulancia